Convocadas as actividades de surf e natación para o verán
O Concello de Ortigueira vén de convocar as actividades de surf e natación para este verán.
CURSOS DE SURF
Dirixidos a menores de idade a partir de 10 anos, haberá dúas quendas de 18 prazas cada unha: a primera será do 1 ao 5 de xullo e a segunda do 8 a 12 de xullos. O prezo é de 12,60 euros.
CURSOS DE NATACIÓN
Haberá dúas clases:
- Adultos. Nenos e nenas nacidos a partir do 2011. O horario poderá ser de 10:00 a 10:45; de 20:00 a 20:45; ou de 20:45 a 21:30 horas de luns a venres. Poderase asistir semanalmente ou ben días soltos.
- Nenos e nenas. Nados entre o 2012 e o 2020, tamén haberá tres horarios distintos: de 10:45 a 11:30; de 11:30 a 12:15; e de 12:15 a 13:00 horas. Ao igual que ocorre cos adultos, hai a opción e asistir semanalmente ou só días soltos.
As persoas interesadas deberán acudir á piscina municipal para inscribirse. O sorteo das prazas realizarase o día 28 de xuño ás 12:00 horas.