Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

COMEZAN AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO ANTIGO MERCADO DE ORTIGUEIRA

O Concello de Ortigueira está desenvolvendo as obras de remodelación do antiguo mercado da praza Isabel II, adxudicadas á empresa Gallaecia Works S.L por importe de 32.985,37 euros. Os traballos fináncianse con cargo ao POS 2018 adicional da Deputación da Coruña.

Trátase dun investimento que o goberno municipal considera prioritario polas filtracións de auga que rexistra e tamén pola importancia de conservar o patrimonio arquitectónico local. Neste sentido cabe lembrar que o antiguo mercado -situado fronte ao edificio do Concello e onde se atopaba ata 1857 o cárcere- é unha construción que data de 1917 e que viu substituír a unha anterior de 1861.

O seu característico deseño -con dúas filas de cinco columnas de ferro forxado colocadas sobre pedra, un teito de madeira con celosía e pontóns e unha cuberta de tella plana- será respectado.

O tellado será renovado cunha cuberta similar á actual e substituiranse os elementos estruturais deteriorados polas filtracións de auga. As columnas recibirán un tratamento anticorrosivo e levarase a cabo o decapado e eliminación da pintura vella aplicando tamén unha protección fronte aos xilófagos.

O prazo de execución dos traballos é de dous meses.

Back to top