Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

COMEZA A TRAMITACIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS

O Concello de Ortigueira remitiu ao Servizo Galego de Colocación unha petición para que envíe unha listaxe de candidatos para a contratación de socorristas destinados ás praias do municipio. Os requisitos son, ademais de estar apuntados no devandito servizo de emprego, ter máis de 16 anos e contar con algún dos títulos esixidos: salvamento ou socorrismo acuático con inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia; certificado de profesionalidade en socorrismo en espazos acuáticos naturais; ciclo de grao medio en salvamento e socorrismo ou ciclo superior na mesma materia.

Os/as aspirantes incluídos na relación remitida polo Servizo Galego de Colocación someteranse a un concurso-oposición no que as probas de aptitude física consistirán en nadar 200 metros estilos nun máximo de 5 minutos, 25 metros de inmersión sen impulso, e nadar 25 metros mergullándose para rescatar a un boneco, remolcándoo despois outros 25 metros. Tamén terán que acreditar coñecemento do idioma galego.

O prazo de presentación de solicitudes lles será notificado aos/ás candidatos polo propio Servizo Galego de Colocación ou ben recibirán unha comunicación do Concello.

Back to top