Entrega dos pases de circulación para o Festival Internacional do Mundo Celta 2025
Debido a axustes organizativos, o Concello de Ortigueira informa de que a partir do luns, 30 de xuño, poderanse recoller os pases de circulación para vehículos particulares, necesarios para acceder ás zonas afectadas polas restricións de tráfico durante a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta 2025, que terá lugar entre os días 7 e 13 de xullo.
A entrega será na primeira planta do Concello, en horario de 10:00 a 13:00 horas. A circulación de vehículos a motor estará restrinxida dende a Avenida da Escola de Gaitas en dirección ás rúas Magdalena, Avenida de As Pontes, Eugenio López, Xosé Buide, Avenida Juan Luís Pía, Luama, Laxás, Vicoña.
Estas medidas teñen como obxectivo garantir a seguridade de todas as persoas asistentes ao festival e facilitar a mobilidade durante a semana do evento.