Charla informativa sobre as Axudas Leader para o Emprendemento Rural
Con motivo do 8M, a Aula CeMIT de Ortigueira acollerá unha charla informativa sobre as Axudas Leader para o Emprendemento Rural, enfocadas ao emprendemento, á amplificación ou á diversificación do teu negocio.
Esta formación impartirase o martes, 3 de marzo, ás 16:30 horas.
Ademais, esta xornada contará coa presenza das seguintes mulleres emprendedoras de diferentes negocios na zona como referentes no emprendemento e beneficiarias destas axudas:
- Arancha Bouza do Centro de día Lembranzas de Cedeira.
- Sara Gascón da Granxa Labrada de Grañas do Sor.
- Dolores López do Hotel Os Cantís de Cedeira.
Mulleres que emprenden, territorios que avanzan!