Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CATORCE ESTABLECEMENTOS TOMAN PARTE NO CERTAME “ORTIGUEIRA A BOCADOS”

Catorce establecementos teñen confirmada a súa participación no primeiro concurso de tapas Ortigueira a Bocados, que convoca o Concello de Ortigueira nas dúas primeiras fins de semana do mes de marzo. Trátase de “Los Chamos”, “Bodegón 90”, “Manolo´s Xantar”, “O Malecón” e “Río Sor” de Ortigueira; “A Trapela Bar”, “Las Palomas”, “O Furado” e “Orillamar” do porto de Espasante; “A Cabana do Fos”, de Morouzos; o “Bar Panzas”, de Barbos; “O Nogueirido”, de Senra, e os centros sociais de Ortigueira e Espasante.

Todos eles ofrecerán os días 1, 2, 3, 8, 9 e 10 de marzo tapas ao prezo dun euro para optar ao premio do xurado ou do público, cada un deles consistente en 100 euros en metálico e un trofeo. Ademais, entre a clientela que participe na votación -que terá que contar con selos de alomenos sete establecementos sortearase un xantar ou unha cea por valor de 60 euros nalgún dos locais participantes.

O fallo darase a coñecer o 13 de marzo.

Back to top