Cantís, marismas e patrimonio, as tres propostas de Ortigueira para a ponte de decembro
Ortigueira programa tres roteiros especiais de sendeirismo para a ponte de decembro, do 7 ao 9 de decembro.
Na primeira saída, que se celebrará o xoves 7 de decembro, realizarase o roteiro dos cantís de Loiba-Esteiro. A saída terá lugar ás 9:38 horas no tren FEVE desde Ortigueira e o regreso será ás 16:35 horas no tren desde Loiba. Será de 8 quilómetros e de baixa dificultade.
A segunda camiñada, que terá lugar o venres, 8 de decembro, será polas marismas de San Adrián. A hora de inicio está marcada para as 8:43 horas, no tren FEVE desde Ortigueira e o regreso para as 15:53 desde Ponche Mera. Será de baixa dificultade e 10 quilómetros de lonxitude.
O último roteiro será a do Casón, unha zona na que destaca o seu valioso patrimonio arqueolóxico cristalizado no seu castelo. Será o sábado, 9 de decembro. A saída será ás 10:00 horas desde a Oficina de Turismo en coche propio e o regreso realizarase, aproximadamente, ás 14:00 horas. A dificultade deste percorrido, de 6,5 quilómetros, será media.
Para completar estes roteiros é recomendable levar calzado e roupa cómoda, bastón, auga e algo para comer. As persoas interesadas poden inscribirse na oficina de turismo de Ortigueira ou chamando ao teléfono 981 422 089.
Desde o goberno local animan á cidadanía para gozar desta experiencia e das verdes paisaxes de Ortegal. As saídas forman parte do programa municipal ‘Ortigueira ao paso’.