Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Campaña de “De faro a faro contra as violencias machistas”

O programa comarcal do Cabo Ortegal contra as violencias machistas, trae consigo para este mes de novembro unha variedade de actividades, coa marcha de Ortigueira do vindeiro domingo 23 como eixo central.
Esta andaina contra a violencia de xénero percorrerá o centro da vila, con saída na Alameda ás 11.30 horas e chegada ás 13.30 horas no Porto.
Ese mesmo día haberá actividades complementarias, como a entrega de premios dos concursos escolares, a lectura compartida do manifesto da campaña, ou a presentación de ‘Pintando pola inclusión’, de Asociación Aspromor. Ademais, contarase cun servizo de bus a Ortigueira desde o resto de municipios: Mañón, Cerdido e Cariño.
Tamén e como acto inicial, o pasado 4 de novembro, o salón de plenos do Concello de Ortigueira foi a sede da presentación oficial da segunda edición da campaña comarcal ‘De faro a faro contra as violencias machistas’, onde participou o alcalde, Valentín Calvín, en representación do Concello de Ortigueira.
Tamén estiveron presentes os alcaldes e alcaldesas dos catro concellos da Comarca de Ortegal implicados; a xefa de unidade de violencia sobre a muller da Subdelagación do Goberno, Manuela Vilaboy; a directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta, María Quintiana; e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba.
No encontro explicáronse as actividades enmarcadas na iniciativa e asinouse un decálogo de compromisos pola igualdade e a prevención da violencia de xénero.
A campaña, que se realiza conxuntamente cos concellos de Mañón, Cerdido e Cariño, busca sensibilizar e concienciar á poboación sobre as violencias contra as mulleres. Campaña financiada pola Xunta de Galicia e os Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Back to top