Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

BASES E BOLETÍN DE INSCRICIÓN PARA O CONCURSO DE MICRORRELATOS DA CAMPAÑA MUNICIPAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “IMPLÍCATE SON AS TÚAS VECIÑAS”

A temática deberá estar baseada no rexeitamento á violencia machista e, de maneira particular, na responsabilidade que temos como sociedade e veciñanza para erradicar estas condutas, así como no apoio que os veciños e veciñas temos que prestar ás mulleres que sofren para axudalas a saír desa situación.

Os microrrelatos poderán estar escritos en galego ou castelán, terán que ser orixinais e inéditos, cun máximo de un por participante, e non excederán as 180 palabras. Establécense dúas categorías: de 10 a 17 anos e de 18 anos en adiante. Os premios nos dous casos son un dispositivo electrónico portátil ou unha tablet.

O prazo de admisión de orixinais está aberto ata o día 23 de novembro ás 15.00 horas e deberán enviarse a cim@concellodeortigueira.com.

Poden descargarse as bases e o boletín de inscrición para o concurso nas seguintes ligazóns:

DESCARGAR PDF Bases concurso microrrelatos contra a violencia de xénero

DESCARGAR PDF Boletín de inscrición concurso microrrelatos contra a violencia de xénero

Back to top