Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bando dos pases para o Festival Internacional do Mundo Celta 2023

ACTUALIZACIÓN

O prazo de solicitude dos pases de circulación polas rúas e lugares restrinxidos ao tráfico co gallo da celebración do Festival Internacional do Mundo Celta, amplíase ata o 4 de xullo no Concello.

Ademais, tamén deberán solicitalo os residentes na Rúa Magdalena ata o cruce de Cancelo.

Por outra banda, os pases expedidos poderán ser recollidos na piscina municipal ata o día 7 de xullo, en horario de 9:00 a 13:00 horas.

Consulta aquí a actualización.

—————-

Con motivo da celebración do Festival Internacional do Mundo Celta 2023 adoptaranse unha serie de medidas no tráfico municipal:

Entre o 6 e o 17 de xullo restrínxese o tráfico desde a Avenida da Escola de Gaitas en dirección ás rúas Avenida de As Pontes, Eugenio López, Xosé Buide, Avenida Juan Luís Pía, Luama e acceso a Laxás.

Non se permitirá o aparcamento na vía pública nestas zonas.

Para circular por estas zonas será necesario ter un pase, que se facilitará desde o Concello. Mantense a validez dos expedidos no ano 2022.

Aquelas persoas que cambiaran de domicilio, vehículo, traballo ou aluguen unha vivenda nestas zonas, deberano solicitar antes do vindeiro martes, 27 de xuño de 2023.

Posteriormente, poderanse recoller na piscina municipal ata o venres, 30 de xuño.

Consulta o bando.

Back to top