Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Axenda cultural para o mes de agosto 2022

Axenda Agosto

O Concello de Ortigueira presenta a programación cultural para o mes de agosto, na que poderedes atopar espectáculos de maxia, música, un outlet de moda, rutas e tamén exposicións.

  • Martes 3 de agosto ás 12:00 horas. Na Biblioteca Municipal, Festival Mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona”, a cargo do Mago Teto.
  • Venres 5 de agosto ás 19:00 horas. Presentación dos libros de José Balseiro Casal “No mundo: Parangóns. Saloucos da alma”, “Nicomedes Pastor Díaz: Una vida comentada” e “Transformaciones”. Será no Teatro de Beneficencia.
  • Sábado 6 de agosto nos xardíns do Claustro, no Cantón e no Teatro de Beneficencia, IV Edición do Festival de Habaneras.
  • Sábado 6 e domingo 7 de agosto nos xardíns do Malecón: OUTLET. A ACO de Ortigueira realiza en colaboración co Concello un evento para o comercio en xeral, no que participan establecementos socios de ACO.
  • Sábado 13 de agosto ás 20:30 horas. Ciclo “Seráns no Claustro”, Uxía & Germán Díaz, con acceso gratuito e aforo limitado. Será nos xardíns do Claustro.
  • Sábado 27 de agosto ás 20:30 horas, nos xardíns do Claustro. Ciclo “Seráns no Claustro” con Silvia Penide Trío. Acceso gratuito e aforo limitado.

Exposicións

Do 2 de agosto o 9 de setembro na Sala de Exposicións do primeiro andar da Casa Consitorial: “Ortigueira Vila Alfonsí”, de luns a venres de 10 a 14:00 horas e os sábados de 18:00 a 20:00 horas. O obxectivo da exposición é presentar a figura real de Afonso X de maneira obxectiva: os seus avatares políticos, a súa labor científica, literaria e cultural e a súa relación con Galicia.

Durante todo agosto, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas, exposición fotográfica de Paco López “Gaitas, violíns e outras herbas”. O artista, natural de Viveiro, presenta este traballo que pretende ser unha exposición retrospectiva desde 2014 ata 2019 dun dos maiores festivais do seu xénero no mundo, intentando captar o ambiente e emocións que se viven sobre o escenario.

Rutas de sendeirismo

  • Luns 1 de agosto: ruta dos cantís de Loiba a Esteiro.
  • Venres 5 de agosto: ruta das Lendas da Faladoira.
  • Martes 9 de agosto: ruta do Casón.
  • Venres 12 de agosto: ruta dos cantís Espasante – Céltigos.
  • Mércores 17 de agosto: ruta do río Mera.
  • Venres 19 de agosto: ruta dos cantís de Loiba a Esteiro.
  • Mércores 24 de agosto: ruta das Lendas da Faladoira.
  • Sábado 27 de agosto: ruta dos cantís de Espasante – Céltigos.
  • Mércores 31 de agosto: ruta dos cantís de Loiba a Esteiro.
Back to top