Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Axenda cultural de Ortigueira para o mes de abril

  • Destacan os concertos, con varias actuacións por parte dos alumnos da Escola de Música e a actuación de Pepe Vaamonde Trío
  • O sábado 29 terá lugar na Alameda a Concentración Moteira Ortigueira 2023

A programación ábrese o martes, 11 de abril, co obradoiro do ‘Día Internacional dos Castelos 2023’, na Biblioteca Municipal, de 16:30 h a 18 h. Nel leranse historias medievais e os participantes construirán os seus propios castelos.

O venres, día 14 ás 19:30 h, terá lugar no Teatro dá Beneficencia a charla “As mulleres do Ortegal. O mundo do Mar. O Caso das espontáneas”. Está organizada pola Asociación “Terras do Ortegal” e impartida por Xosé María Leal Bóveda, doutor da USC e profesor da UNED de Pontevedra.

O sábado, día 15 ás 19:30 h, no Teatro da Beneficencia celebrarase a obra de teatro de comedia “Pirolíticos”, a cargo do grupo Mofa e Befa. A entrada terá un custo de 3,50 euros.

O luns, 17 de abril, a Biblioteca conmemorará o Día do Libro coa entrega dunha bolsa reutilizable coa imaxe da biblioteca con cada un dos préstamos realizados.

O martes, 18 de abril, celebrarase na Biblioteca Municipal a segunda entrega do obradoiro de ‘Día Internacional dos Castelos 2023’, tamén de 16:30 h a 18 h.

O venres, día 21 ás 19:30 h, o Teatro da Beneficencia acollerá o concerto do Grupo Combo de Música Moderna da Escola de Música de Ortigueira.

O martes, día 25, celebrarase na Escola de Música un concerto dentro do ciclo ‘Música en Familia”, que terá como protagonistas aos alumnos de Guitarra e Percusión.

O mércores, 26 de abril, a Biblioteca Municipal acollerá a presentación do libro “Enfiando sentimentos” de Carmen Penín, organizado polo Club de Lectura de Ortigueira. Carmen, veciña das Neves, presentará o seu libro de poemas a partir das 19:30 h.

O xoves, día 27, a Escola de Música será a sede do concerto, dentro do ciclo “Música en Familia” por parte dos alumnos de Vento Madeira e Metal, Voz e Conxuntos.

O venres, 28 de abril, ás 20 h, no Teatro dá Beneficencia, celebrarase a conferencia “O Camiño do Mar, a Santiago polo Ortegal”, organizado pola Asociación “Amigos Camiño do Mar” e “A Voz de Ortigueira”.

O sábado, 29 de abril, o Teatro da Beneficencia acollerá o concerto de Pepe Vaamonde Trío, dentro do ciclo “Festival no Teatro”. A entrada terá un custo de 3,50 euros.

Ese mesmo día, a Alameda será o centro neurálxico do motor no Ortegal, coa Concentración Moteira Ortigueira 2023. Haberá un roteiro, sesión vermú e comida con inscrición previa. Organiza o grupo “Os de Sempre”.

Para pechar o mes, o domingo día 30, proxectarase no Teatro da Beneficencia a película “As Bestas”, de Rodrigo Sorogoyen. Terá un custo de 3,50 euros.

Exposicións

Durante o mes de abril, a Sala de Exposicións do Concello de Ortigueira acolle a exposición de pintura da Asociación Cultural ‘Amigos da arte’.

Back to top