Rogamos desculpen as posibles molestias ocasionadas.
AVISO DE CORTE PROGRAMADO DE SUMINISTRO ELÉCTRICO
A empresa Unión Fenosa (ufd grupo Naturgy) vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando da necesidade de efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, o que poderá provocar cortes no suministro eléctrico o día 22 de xaneiro de 2021, de 6:00 a 8:00 horas. A continuación, pode ver o texto da comunicación recibida:
“Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que o próximo día 22 de xaneiro de 2021, de 6:00 a 8:00 horas, imos proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.
Achegamos copia da carta que se remitirá a clientes de máis de 1 kV ou cualificado como esencial, segundo orde ECO797/2002 e que se atopan no seu ámbito municipal.”
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
ORTIGUEIRA (EUGENIO LOPEZ Nº 1, 3, 4, 6 a 14; FRANCISCO SANTIAGO Nº 12, 21, 23 a 30, 32, 33,
35 a 42, 45; AVENIDA ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA Nº 6, 8, 10).