Así é a programación cultural do Concello de Ortigueira para o mes de maio
O Concello de Ortigueira presenta unha nova programación cultural pensada para todos os públicos durante o mes de maio, cunha ampla variedade de actividades que inclúen música, teatro, exposicións, rutas, cursos e moito máis.
O mes comeza con forza o venres, 2 de maio, coa conferencia ‘A Gallaecia celta na romanización do Ortegal’, a cargo de Suso Espasante na Capela de San Antonio de Espasante. Un día despois, o sábado 3 teremos unha doble cita cultural: unha nova sesión de baile con ‘Pasos compartido’ no Centro Social de San Claudio e o concerto “Bolero” no Centro social San Adrián, así como tamén a ruta de sendeirismo Cason, con saída ás 10:00 h desde a oficina de Turismo.
Poderase gozar de propostas musicais como o concerto ‘Cantometrics’ o venres 30 no Teatro da Beneficencia, ou o espectáculo musical ‘O Ronsel do meu sentir’ de Xoán Carlos Rilo, o sábado 10, tamén no Teatro.
O teatro será outro dos protagonistas do mes coa obra “Go home”, protagonizada por David Amor e Josito Porto, o sábado 3, en dúas funcións (16:30 e 18:00 horas), cun prezo de entrada de 4 euros.
Tamén poderá visitarse a exposición colectiva de pintura en homenaxe a Fernando Laxe, nos claustros do Concello. Ademais, a Biblioteca Municipal acollerá desde o 16 de maio a mostra ‘Letras Galegas 2025: Cancioneiro popular galego’, un percorrido pola nosa tradición oral e musical.
En canto ás actividades divulgativas e educativas, a Universidade Sénior continúa coas súas sesións sobre benestar, saúde e tecnoloxía os días 5, 12, 13 e 19, ás 17:00 horas no Teatro da Beneficencia. Tamén destacan outras propostas como a xornada sobre psicomotricidade e memoria o día 20 no Centro Social das Neves, ou a conferencia ‘A Gallaecia celta na romanización do Ortegal’, a cargo de Suso Espasante, o venres 2 na Capela de San Antonio de Espasante.
Así mesmo, o 6 de maio presentarase na Biblioteca Municipal o libro ‘Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal’ ás 19:00 horas.
Non hai que esquecer a nova edición do concurso de pinchos ‘Ortigueira a bocados’, que celebrarase do 9 ao 11 ce maio nos locais de hostalería participantes.
No eido formativo, a Aula Cemit ofrecerá o curso ‘Finanzas para todos’ os días 9, 15, 21 e 28 de maio, e tamén está prevista unha formación de iniciación en liña a través de ComDix, cun prazo límite de inscrición ata o 5 de maio.
Ortigueira volve apostar pola cultura cun mes de maio cheo de propostas para vivir e compartir.