Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AS PRAIAS DE MOROUZOS, A CONCHA, SANTO ANTONIO E BIMBIEIRO CONTAN CO CALIFICATIVO DE EXCELENTE CALIDADE DA AUGA

As praias de Morouzos, A Concha, Santo Antonio e Bimbieiro contan co calificativo de excelente calidade da auga na clasificación anual das zonas de baño que leva a cabo a Consellería de Sanidade.

O Concello de Ortigueira realizou importantes actuacións nos areais, entre as que destaca a instalación da nova depuradora de augas na praia da Concha.

“Alegrámonos dos resultados, en Ortigueira temos unhas praias marabillosas, cunha auga excelente. Agora seguiremos traballando no resto dos areais para que os resultados sigan sendo así de bos e que tanto a veciñanza como as persoas que nos visiten gocen dunhas augas de máxima calidade e da nosa fermosa paisaxe”, indica o concelleiro de Medio Ambiente, José Luis Pérez.

Back to top