AMPLIACIÓN DO PLAZO DE INSCRICIÓN DOS CURSOS DA FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN
O Concello de Ortigueira ten concedidos de xeito gratuíto dous cursos da Fundación Laboral da Construción para desenvolver entre a poboación interesada. É unha gratificación que se tramita a través do Organismo Paritario de Prevención na Construción (OPCC) e unicamente dous municipios da provincia, Ortigueira -neste caso por segunda vez- e As Pontes, teñen acceso a esta formación sen custo.
O primeiro curso, cunha duración de 60 horas, será sobre Prevención en Construción (nivel básico). Terá lugar desde o 31 de maio ao 11 de xuño de xeito presencial e desenvolverase no Teatro da Beneficencia en horario de 8.30 a 14.30.
O segundo é un curso de seis horas sobre prevención de riscos laborais centrado especificamente nos traballos de electricidade e será o 14 de xuño no mesmo horario que o anterior.
As inscricións para as dúas actividades poden realizarse nas oficinas xerais do Rexistro do Concello acompañando copia do DNI, tarxeta de demandante de emprego e curriculum vitae no caso dos desempregados e DNI e certificado de vida laboral para os que están en activo. O prazo de inscrición remata o venres 28 de maio.
Para obter máis información as persoas interesadas pódense dirixir ao correo electrónico malvarez@concellodeortigueira.com ou ao teléfono 981 400 000 (contacto, Marika Álvarez).