Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AGRADECEMENTO DO CONCELLO DE ORTIGUEIRA ÁS MULLERES E NENAS QUE PARTICIPARON NA GRAVACIÓN DO DOCUMENTAL “O RURAL DE TODAS”

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Ortigueira queren expresar o seu agradecemento ás mulleres e nenas que participaron na longa xornada de gravación do documental “O Rural de Todas”, unha experiencia interxeracional que resultou moi enriquecedora para todas as participantes e que permitiu, ademais, coñecer o mundo audiovisual desde dentro.

O Concello destaca o feito de que o ter sido seleccionado pola Área de Igualdade da Deputación para participar neste proxecto “supón unha oportunidade única para achegar, de xeito gráfico, o papel das mulleres do noso municipio”. O resultado do traballo -que tivo unha parte de obradoiros audiovisuais para as rapazas participantes e outra na que elas mesmas gravaron as experiencias de dúas mulleres do rural ortegano- verase axiña, xa que a institución provincial ten previsto presentalo no mes de setembro.

Back to top