ABREN AO PÚBLICO AS PISTAS DE PÁDEL DE ORTIGUEIRA E AS OFICINAS DE DEPORTES DA PISCINA
Hoxe abriron ao público as oficinas do servizo de Deportes situadas na piscina municipal e tamén a partir de hoxe están en funcionamento as pistas de pádel municipais. Nas oficinas atenderase de 10.00 a 13.00 horas, con cita previa chamado ao teléfono 981 422 026 e con uso obrigatorio de máscara.
As pistas de pádel municipais estarán dispoñibles, mediante o abono da tasa correspondente, de luns a domingo de 11.00 a 23.00 horas no caso da pista cuberta; e de luns a xoves entre 11.00 e 23.00 horas, os venres de 12.00 a 19.00 e os sábados e domingos de 15.00 a 23.00 no caso das descubertas.
De 9.00 a 11.00 realizaranse tarefas de desinfección e o club de pádel terá como horario os venres de 19.00 a 23.00 e os sábados e domingos de 10.00 a 14.00 horas.
A reserva deberase facer con 24 horas de antelación, chamando ao teléfono da piscina (981 422 026) en horario de 10.00 a 12.00 horas de lunes a xoves.
Para usar as instalacións é necesario o xel hidroalcohólico, manter a distancia de seguridade de 1,50 metros e evitar o contacto físico. Non estará permitido o acceso de público, e ao finalizar os usuarios deben deixar as instalacións cerradas. Non se poderán utilizar as papeleiras nin xerar lixo, e non está permitido compartir alimentos ou bebidas dentro das pistas.
Os pagos faranse por domiciliación bancaria no caso dos abonados e a través de ingreso na conta corrente para quen non o son.
Polo que se refire ás solicitudes para realizar torneos con acceso de público, terán que presentarse por escrito, como mínimo 15 días antes da data fixada e aportando o protocolo co que se van desenvolver. Estas competicións necesitarán da autorización municipal correspondente.