Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA BOLSA DE TRABALLO A TRAVÉS DA QUE O CONCELLO DE ORTIGUEIRA CUBRIRÁ AS CONTRATACIÓNS TEMPORAIS DE TÉCNICOS/AS EN EDUCACIÓN SOCIAL

O Boletín Oficial da Provincia publica na súa edición de hoxe luns a convocatoria do Concello de Ortigueira para abrir un proceso selectivo cara a creación dunha bolsa de traballo para contratacións provisionais de técnicos/as en Educación Social.

O sistema que se utilizará para acceder á bolsa é o de concurso-oposición e só as persoas que figuren nela poderán optar ás contratacións interinas que realice a administración local. Os supostos nos que se recorrerá a esta bolsa serán cobertura transitoria de vacantes ata a súa cobertura definitiva; substitucións de titulares en situación de excedencia ou exceso de acumulación de tarefas na actividade habitual do servizo -neste caso por un máximo de seis meses dentro dun período de doce desde que se produzcan as devanditas causas-.

Poderán optar á súa inclusión na bolsa as persoas en posesión do Grao en Educación Social, con carné de conducir tipo B, que non teñan sido suspendidas ou separadas do servizo de ningunha administración pública a través dun expediente disciplinario e que non estean en situación de inhabilitación. O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais contados desde mañá e terán que formularse a través do rexistro electrónico do Concello de Ortigueira.

Unha vez publicadas as listas de admitidos e excluídos comezará o proceso selectivo, que constará dunha fase de oposición con tres exercicios: un teórico sobre as materias do programa, un suposto práctico e unha proba de coñecemento da lingua galega só para quen non teña o título Celga 4 ou superiores. Unha vez superados estes exames desenvolverase a fase de concurso, na que se valorará a experiencia profesional.

Tanto o temario como o resto de condicións para formar parte desta bolsa de traballo poden atoparse no BOP.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/03/29/2021_0000002405.pdf?fbclid=IwAR1e-3b4w6f6UPuIFIXpw03quje4F4P0jskyXlJc237kxfMJcV2FeLxrh2E

Back to top