ABRE O PRAZO EN ORTIGUEIRA PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS AO SECTOR PRIMARIO DESTINADAS A PALIAR OS EFECTOS DA COVID-19
Tras a publicación hoxe no Boletín Oficial da Provincia das correspondentes bases, mañá ábrese o prazo para solicitar as subvencións dirixidas a profesionais do sector primario no Concello de Ortigueira para paliar os efectos económicos da Covid-19. Durante 20 días hábiles poderán presentar as sús peticións os autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxa actividade e principal fonte de ingresos para a unidade familiar estea incluída no devandito sector primario. O requisito será que a redución da súa facturación durante o estado de alarma (do 14 de marzo ao 10 maio) teña sido alomenos do 50% en relación co promedio do semestre natural anterior.
As subvencións están dirixidas a sufragar gastos de mantemento e explotación da actividade económica e o Concello destina a este capítulo 25.000 euros ampliables se se produxeran solicitudes por un importe superior.