Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aberto o prazo para que comercios e asociacións se inscriban no Mercado de Nadal de Ortigueira

O Concello de Ortigueira anima aos comerciantes locais e asociacións culturais a formar parte do II Mercado de Nadal, unha iniciativa que busca dinamizar o comercio da vila e poñer en valor os produtos autóctonos, así como servir de punto de encontro para toda a veciñanza.

O mercado se celebrará no postos situados no Mercado municipal da Alameda de Ortigueira de 12:00 a 18:00 horas o domingo 30 de novembro. En caso dunha alta participación e éxito da iniciativa, poderá prorrogarse aos restantes domingos de decembro no mesmo horario.

Os comercios locais e asociacións municipais interesadas poderán realizar as súas solicitudes no Rexistro Municipal ata o 4 de novembro.

Este evento, deseñado para apoiar o tecido comercial e cultural da vila, ofrecerá unha plataforma única para a venda de produtos de tempada, alimentación, bebidas, artesanía, libros e artigos culturais. Ademais, ofrecendo unha visibilidade e acceso directo ao público local e visitantes nunha época clave do ano.

Con esta iniciativa, Ortigueira aposta pola reactivación económica e a promoción dos produtos e servizos locais, invitando a comerciantes e asociacións a inscribirse e aproveitar esta oportunidade de contacto directo cos clientes.

CONSULTA AS BASES E ANEXO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

Back to top