Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aberto o prazo para formalizar a matrícula no servizo municipal de ‘Almorzos na Escola’

O Concello de Ortigueira, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, abre o prazo de inscrición para todos os nenos/as preinscritos no servizo de ‘Almorzos na Escola’ para o vindeiro curso escolar 2025/26.

Así, desde hoxe 29 de maio, as familias poderán realizar as inscricións nun prazo de 15 días, a través de sede electrónica ou en rexistro municipal.

Esta iniciativa, integrada dentro do programa municipal de conciliación ‘Conciliortigueira’, ofrece unha solución a aquelas familias que necesitan coordinar a vida familiar e laboral, ocupándose dos e as menores en horario de 7:30 a 9:30 horas, previo ao comezo da xornada escolar.

Desta forma, o alumnado do CEIP José María Lage, ademais de poder almorzar no propio centro, aprenderá sobre hábitos de alimentación saudable e participará en actividades de fomento e a educación en igualdade.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, ofértanse tres modalidades diferentes do servizo: a diario con xantar; a diario sen xantar; ou días soltos con xantar. Pódese obter máis información no Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira, no Centro Social ou no teléfono 981 402 542.

CONCILIORTIGUEIRA
O programa ‘Conciliortigueira’ está cofinanciado entre o Concello de Ortigueira, a Consellería de Política Social e Promoción dá Igualdade e o Plan Corresponsables con fondos finalistas do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade.

Este programa non soamente ofrece este servizo de xantar durante o período lectivo. A actividade ‘Sen Cole non Cole’ tamén se integra dentro desta iniciativa e ofrece un servizo de conciliación laboral e familiar durante os períodos non lectivos como o Nadal ou a Semana Santa.

DESCARGA O FORMULARIO AQUÍ

Listaxe definitiva de todas as persoas preinscritas

Back to top