Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aberto o prazo para formalizar a matrícula no servizo municipal de ‘Almorzos na escola’

A resolución de alcaldía deste 22 de maio aprobou a listaxe definitiva de persoas admitidas no programa ‘Almorzos na escola’ do Departamento de Igualdade do Concello de Ortigueira, que se pode ver na sede electrónica municipal.

Este servizo parte do programa “Conciliortigueira”, ao que ademais pertence a actividade “Sen Cole no Cole” para levar a cabo a conciliación laboral e familiar durante os períodos non lectivos como o Nadal ou a Semana Santa.

As familias poderán formalizar a matrícula nos próximos 15 días hábiles, a contar dende hoxe, no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica achegando a documentación necesaria (folla de matrícula).

“Conciliortigueira” é un programa que pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar para os veciños de Ortigueira, no que os menores están atendidos por persoal cualificado e desenvolven actividades lúdicas diversas de coeducación, colaboración e igualdade.

Trátase dun servizo gratuíto para as familias e conta co cofinanciamento da Secretaría Xeral de Igualdade a través dunha subvención do Programa do Plan Corresponsables no ámbito local.

Para solicitar máis información sobre o programa pódese contactar co CIM de Ortigueira.

Documentación:

Folla de matrícula

Back to top