ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE PROCEDEMENTOS TÉCNICOS EN TRABALLOS DE ALTURA QUE SE IMPARTIRÁ O DÍA 28
Desde hoxe e ata o vindeiro día 16 de novembro está aberto o prazo para se inscribir no Curso de Procedementos Técnicos en Traballos de Altura que impartirá en Ortigueira a Fundación Laboral de la Construcción. Trátase dunha iniciativa formativa que terá lugar o 28 de novembro, de 8.00 a 16.00 horas en modalidade presencial.
O curso está dirixido tanto a persoas en activo como desempregadas e hai 12 prazas dispoñibles. As e os interesados terán que apuntarse nas oficinas do Rexistro Municipal de Ortigueira.
Por outra banda, a Federación Laboral de la Construcción vén de gratificar unha vez máis ao concello ortegano coa concesión dun novo curso de prevención de riscos laborais, neste caso dirixido a operadores de aparatos elevadores, que se impartirá no mes de decembro e para o que se anunciará oportunamente o prazo de inscrición.