Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DO PAQUETE NAVAL

O Concello de Ortigueira organiza dous cursos que pertencen ao paquete naval “Riscos do sector naval” e “Sensibilización ambiental”, que terá lugar nas instalacións do Centro de Formación sito no polígono industrial de A Rega-Cuíña, e será coordinado polo servizo municipal de orientación laboral.

Os cursos desenvolveranse o 23 e o 24 de abril, e impartirase en horario de mañá, de 8.00 h a 14.00 horas, e de 15.30 h a 17.30 horas.

Esta formación, que conta con 20 prazas dispoñibles, está dirixida a todas as persoas interesadas, que deberán matricularse rexistrando a súa solicitude acompañada pola seguinte documentación:

  • Título do curso de prevención de riscos laborais da construcción (60 horas).

O prazo de inscrición estará aberto do 4 ao 12 de abril. A matrícula ten que se realizar nas oficinas do Rexistro Municipal ou a través do rexistro electrónico:

REXISTRO XERAL

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas.

REXISTRO DA SEDE ELECTRÓNICA

Sede electrónica do Concello (require identificación persoal)

Back to top