ABERTA A INSCRICIÓN PARA O V TRAIL POLOS MONTES DE COUZADOIRO
Xa está aberta a inscrición para participar na quinta edición do Trail polos Montes de Couzadoiro, que organiza a asociación de veciños e veciñas da parroquia coa colaboración do Concello de Ortigueira e a peña ciclista Santa Marta, e que terá lugar o vindeiro 15 de marzo.
Haberá tres distancias: trail, minitrail e andaina, con 25, 12 e 10 quilómetros respectivamente, e establécense tres premios para as categorías de absolutos e veteranos, tanto en homes como en mulleres.
As inscricións pódense realizar ata o 12 de marzo a través da páxina galitiming.com, onde tamén se atopará máis información. As probas desenvolveranse a partir das 9.30 da mañá.