Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XUNTA CONCEDE AO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DE ORTIGUEIRA A HOMOLOGACIÓN PARA A ESPECIALIDADE DE DINAMIZACIÓN COMUNITARIA

A Xunta de Galicia vén de conceder ao Centro de Formación Ocupacional do Concello de Ortigueira a homologación para a especialidade formativa de “Dinamización comunitaria” que, na práctica, suporá para os alumnos obter o certificado de profesionalidade de nivel 3. Este faculta aos seus posuidores para optar a postos de traballo como axente de desenvolvemento local (ADL), xestor de asociacións ou animador cultural, entre outros.

O Centro de Formación Ocupacional está en funcionamento desde o ano 2017 e desde a súa creación formáronse en cursos homologados relacionados co sector da construción -cunha entidade acreditada na materia- un total de 140 persoas.

O alcalde, Juan Penabad Muras, amosou a súa satisfacción por ter conseguido esta nova homologación e lembrou que é un centro único na comarca. Engadiu que cara ao futuro “iranse incorporando outras homologacións, como a atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións e domicilios e outros, sempre tendo en conta os sectores estratéxicos para Ortigueira en materia de emprego: forestal, hostalería, construción e afíns”.

Back to top