A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Ortigueira o 24 de xuño
O martes, 24 de xuño, unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase ao noso municipio coa finalidade de facilitar a doazón de sangue entre a veciñanza.
A unidade estará situada diante do edificio de Servizos Sociais e operará en horario de 10:00 a 14:00 horas pola mañá, e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde.
Lémbrase ás persoas interesadas que deben acudir con algún documento identificativo, como o DNI, a tarxeta de doazón ou outro documento oficial válido.
Desde o Concello animamos a toda a cidadanía a participar nesta xornada solidaria, lembrando que a doazón de sangue é un acto sinxelo, seguro e fundamental para salvar vidas.