Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A TRAMITACIÓN DAS PRESTACIÓNS PARA FILLOS/AS MENORES DE 3 ANOS PÓDESE REALIZAR NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

O Concello de Ortigueira informa de que a tramitación da solicitude de prestacións económicas de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos que concede a Xunta para este ano pódese realizar nos Servizos Sociais do Concello. A convocatoria destas axudas publícase hoxe no Diario Oficial de Galicia e recolle que poderán ser beneficiarias as familias que teñan nenos ou nenas nacidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017 e nas que durante o ano 2018 ningún membro da unidade familiar tivera que presentar declaración do IRPF. As prestación inclúen fillos e fillas adoptados nas mesmas datas.

O prazo de solicitudes estará aberto durante 35 días hábiles contados a partir de mañá. O enlace ao DOG é o seguinte:

IR Á LIGAZÓN ORDE do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS410A)

Back to top