Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A PRÓXIMA SEMANA DARÁN COMEZO OS TRABALLOS DE MELLORA DA PISTA POLIDEPORTIVA DESCUBERTA DA PREGUIZA

Angel Lozano, concelleiro de Deportes ortegano informa de que vén de fixarse para a semana próxima o incio dos traballos de conservación e mantemento da pista polideportiva descuberta da Preguiza, por un importe total de 4.500 euros máis IVE que correrán a cargo do concello.

As tarefas de actuación que terán lugar nas instalacións deportivas municipais consistirán, na área destinada ao baloncesto, na mellora das catro estruturas das canastas de baloncesto que polo paso do tempo presentaban algúns puntos de deteriorio, o remplazo de 2 taboleiros de baloncesto e o arranxo dos outros dous.

No que atinxe ás infrasestructuras de fútbol sala, reparanse as porterías así como os paneis dos fondos da pista coa colocación doutro tipo de malla que non rompa cos impactos e asegure a funcionalidade.

O peche perimetral das instalacións de pádel e fútbol sala será tamén obxecto de amaño, para o cal colocaráselles novos tensores para aseguralos.

O concelleiro Lozano congratulouse pola posta en marcha desta actuación que permitirá a práctica deportiva nas mellores condicións de seguridade para os usuarios e usuarias das instalacións da pista polideportiva descuberta no Complexo Deportivo Municipal da Preguiza, onde lembrou que o goberno está a acometer actuacións de mantemento e conservación de xeito periódico, como o pasado ano cando se realizaron as obras de renovación do pavimento das pistas de pádel descuberta cun custo de 13.000 euros, tamén sufragado integramente con fondos municipais.

Back to top