A Oficina de Turismo de Ortigueira adapta o seu horario ao verán e amplía a atención durante o Festival Internacional do Mundo Celta
A partir do vindeiro luns, 30 de xuño, a Oficina de Turismo iniciará o seu horario de verán, que se manterá durante os meses de xullo e agosto, co obxectivo de facilitar a atención tanto a veciñanza como ás persoas que visitan o municipio nesta época de maior afluencia.
O novo horario será:
• De luns a sábado: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
• Domingos: de 11:00 a 14:00 horas.
Con motivo da celebración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a oficina ampliará o seu horario habitual, prestando atención durante toda a semana do evento:
• Do mércores 9 ao sábado 12 de xullo: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.
• Domingo 13 de xullo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
Os festivos, o horario da oficina poderá verse reducido.