Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A INSCRICIÓN NO PROGRAMA “SEN COLE NO COLE” REMATA O LUNS E AÍNDA HAI PRAZAS LIBRES

Aínda quedan prazas libres para o programa “Sen cole no cole”, incluído na programación municipal de conciliación “Conciliortigueira” da Concellería de Igualdade, e para o que remata o prazo de inscripción o vindeiro lunes, día 16.

Trátase dunha iniciativa destinada á conciliación da vida laboral e familiar que ofrece atención aos menores no CEIP José María Lage en horario de nove da mañá a dúas da tarde. Neste tempo almorzarán e desenvolverán actividades de contido coeducativo e igualitario.

O programa terá lugar do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, as dúas datas incluídas. As inscricións terán que se realizar no Centro de Información á Muller.

O programa “Sen cole no cole” é gratuíto e está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo

Back to top