A ESCOLA DE MÚSICA PRESENTA O SÁBADO NA SÚA CANLE DE YOUTUBE O LIBRO DE XABIER GARROTE “A BANDA GARROTE: MÚSICA E MÚSICOS EN ORTIGUEIRA”
O vindeiro sábado, día 13, ás 20.00 horas a Escola de Música Concello de Ortigueira presentará na súa canle de Youtube (EMCO TV) a obra editorial de Xabier Garrote que recolle a historia musical da súa familia e dos músicos que formaron parte das bandas e orquestras de Ortigueira desde mediados do século XIX.
En “A banda Garrote: Música e músicos en Ortigueira”, o autor realizou un detallado estudo dos materiais documentais conservados no arquivo musical da propia banda, destacando especialmente o papel que xogaron tres músicos da súa saga familiar: José María, Manuel e Andrés Garrote.
Este ensaio complétase con numerosas referencias aos músicos que fixeron historia coas bandas de música en Ortigueira. Destacan as contribucións documentais e as procedentes dos estudosos Xosé Carlos Breixo e Alejo Amoedo, que constitúen unha mostra das moitas liñas de investigación que abre este traballo. O enlace para poder ver a presentación do libro é