A ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA PROPÓN UNHA LISTA DE TEMAS MUSICAIS PARA ESCOITAR DURANTE O CONFINAMENTO
A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) propón unha nova actividade dentro da súa campaña #OrtigueiraéMúsica. Trátase de “Ortigueira canta. Música en tempos de confinamento”, unha invitación a escoitar música desde a casa que inclúe enlaces desde a súa web a redes sociais a unha serie de vídeos musicais de diferentes estilos y con letra encamiñados a levantar o ánimo.
Na lista da EMCO non faltan temas que son xa himnos na pandemia do Covid-19, como “Resistiré” do Dúo Dinámico ou “20 de Abril” de Celtas Cortos, aos que se suman outros con títulos moi acaídos para a situación actual como “Hoy puede ser un gran día” de Serrat ou “Sin miedo” de Rossana. A lista complétase con “Ortigueira”, de E. García Rey; “Looking for paradise”, de Alejandro Sanz e Alicia Keys; “Dramas y Comedias”, de Fangoria; “Facciamo finta che…Tutto va ben!”, de Ombretta Colli; “O meu amor mariñeiro”, de Fuxan os Ventos e un popurrí galego.