A ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA EXPÓN A SÚA METODOLOXÍA EDUCATIVA TELEMÁTICA NUN WEBINAR INTERNACIONAL
A Escola de Música Concello de Ortigueira participará este sábado día 13, a través de Facebook Live, nun webinar internacional que se poderá seguir en www.facebook.com/perubandas/ a partir das 22.00, hora española. O director da EMCO, Carlos Diéguez, dará a coñecer neste marco os proxectos desenvolvidos no centro como modelo metodolóxico de referencia. No Perú, cunha alerta sanitaria de longa duración e a previsión de non volver ás clases ata o ano 2121 os docentes están buscando modelos dixitais para continuar coas clases telemáticas, de aí a organización deste encontró telemático.
O responsable da EMCO explicará o funcionamento da “Banda de Papel”, creada para o alumnado de Música e Movemento a iniciativa de tres mestres -Graciela López, Rubén Montero e Alejandro Vázqueze coa colaboración da Fundación Simón Bolívar de Venezuela (Premio Príncipe de Asturias das Artes 2012). Tamén explicará o proxecto “Bandeando”, unha idea dos mestres da EMCO Alejandro Vázquez, Vicente Rey e o propio Carlos Diéguez coa colaboración de Norman Milanés e Jesús Ignacio Perazzo, que constitúe o primeiro método iberoamericano para bandas infantís e xuvenís e que inclúe repertorio galego. “Solfeando” é outra das iniciativas que se abordarán neste webinar, unha metodoloxía do director da EMCO para o ensino de Linguaxe Musical que conta cunha canle de Youtube que ten máis de 26.000 seguidores.