Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ENTREGA DOS COMPOSTEIROS PARA O PROXECTO DE COMPOSTAXE CASEIRA TERÁ LUGAR O DÍA 29

O Concello de Ortigueira instalará o martes 29 na Alameda unha carpa informativa sobre a compostaxe caseira e na mesma xornada farase entrega dos composteiros ás persoas que o solicitaron. Paralelamente, no Teatro da Beneficencia, realizarase unha pequena acción formativa sobre o uso destes elementos. Desde a institución municipal anúnciase que aínda hai tempo para solicitar a inclusión neste programa de compostaxe e tamén que o ano que vén haberá unha nova edición para quen prefira inscribirse máis adiante.

Na estrea desta iniciativa subvencionada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional puxéronse a disposición das persoas interesadas 150 composteiros, 100 caldeiros, 85 aireadores e 150 termómetros para o proceso de compostaxe.

Back to top