Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A DEPUTACIÓN HABILITA A CITA PREVIA PARA A OFICINA DE ORTIGUEIRA

A Deputación da Coruña habilita desde o xoves 4 de xuño un servizo de cita previa na oficina de Ortigueira para atención tributaria.

Aínda que seguirá en funcionamento a Oficina Virtual Tributaria (OVT) para facilitar os trámites en liña, a partir de hoxe a cidadanía da provincia que precise realizar trámites presenciais nas oficinas das distintas áreas tributarias pode tramitar a súa cita telemática:

  • Cun formulario a través da web: https://www.dacoruna.gal/cita-previa
  • Chamando por teléfono 900 132 204
  • De forma presencial os xoves en horario de 9:00 a 14:00 horas, na rúa Escola de Gaitas, n° 39

As persoas interesadas poderán solicitar cita para os diferentes trámites: alta de vehículos, cambio de domiciliación, solicitude de exencións e bonificacións, declaración de plusvalía, xestión catastral…).

Back to top