Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A DEPUTACIÓN ESTREA O DOCUMENTAL “O RURAL É DE TODAS” NO QUE PARTICIPARON MULLERES E MOZAS DE ORTIGUEIRA

Mañá mércores estrease na canle de Youtube da Deputación da Coruña o documental “O rural é de todas”, una proxecto da Área de Igualdade da institución provincial no que participaron mulleres do municipio de Ortigueira -e tamén de Aranga, Teo, Muxía e Pobra- para visibilizar o seu papel nas zonas rurais. A emisión será ás 12.00 horas en liña e contará coa intervención da deputada de Igualdade, María Muíño, representantes do Concello e as propias protagonistas do documental. Despois da estrea permanecerá na devandita canle para o seu visionado.

A contribución de Ortigueira á gravación foi a través da realización duns obradoiros audiovisuais nos que participaron varias rapazas que, a continuación, gravaron as experiencias relatadas por dúas mulleres residentes na zona rural. Desde o Concello destácase que esta iniciativa “supuxo unha oportunidade única para achegar á sociedade, de xeito gráfico, o papel das mulleres do noso municipio”.

Back to top