A CORPORACIÓN DE ORTIGUEIRA CONVOCA PARA MAÑÁ ÁS 20.00 HORAS UNHA CONCENTRACIÓN POLO TRIPLO CRIME DE VALGA
A corporación municipal de Ortigueira convoca para mañá mércores, ás 20.00 horas na praza do Concello, unha concentración como repulsa ao triplo crime machista de Valga e en apoio e solidariedade coas familias e achegados de Sandra Boquete Jamardo, Alba Boquete Jamardo e María Elena Jamardo, especialmente cos dous nenos que quedan orfos.
O Concello invita aos veciños e veciñas a sumarse a esta iniciativa para expresar a súa máis enérxica condena á violencia contra as mulleres.