Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A COORDINADORA DE ENFERMERÍA DO CENTRO DE SAÚDE DE ORTIGUEIRA AGRADECE O COMPORTAMENTO DA VECIÑANZA, O CONCELLO E AS EMPRESAS DURANTE ESTA CRISE

A coordinadora do Equipo de Enfermería do Centro de Saúde de Ortigueira, Maribel Fernández Vilar, quere facer pública a gratitude e recoñecemento dos profesionais que traballan nesta localidade polo comportamento dos veciños e veciñas que acudiron e están a acudir aos centros de saúde durante esta crise do Covid-19. Destaca que a xente que se tivo que desprazar aos consultorios colaborou para tentar facilitar as cousas na medida do posible, un xesto que os profesionais agradecen. A coordinadora quixo recoñecer tamén o labor desenvolvido polo Concello -en contacto permanente cos responsables sanitarios- así como o feito de que moitas empresas de Ortigueira ofreceron material de protección para os sanitarios. Estes comportamentos paliaron en boa medida a complicada situación á que se están enfrontando os profesionais da sanidade, polo que Maribel Fernández fai un chamamento para que a colaboración continúe e para que “poidamos saír disto todos xuntos”.

Back to top