Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A COMPAÑÍA ELÉCTRICA PROGRAMA CORTES DE LUZ EN VARIAS PARROQUIAS DE ORTIGUEIRA O PRÓXIMO 7 DE MAIO

A Concellería de Servizos informa que foi comunicado por parte da compañía eléctrica UFD Grupo Naturgy un corte de suministro eléctrico programado para o próximo día 7 de maio de 2021, de 6.00 a 7.30 horas, que procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo. O obxectivo do corte de suministro é o de poder efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:

PROVINCIA DE A CORUÑA. Concello de ORTIGUEIRA: ORTIGUEIRA (GANDARA Nº 2), PICON – ORTIGUEIRA- (FERREIROS Nº Par 2 a 8, 19, 9999; PICON Nº 1, 2, 6, 7, Par 8 a 22, 23, 999, 8004, 9989), ROSARIO -ORTIGUEIRA- (FONTELA Nº 1, 2, 4, 5, Par 6 a 18).

Back to top