Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A COMPAÑÍA ELÉCTRICA PROGRAMA CORTES DE LUZ EN VARIAS PARROQUIAS DE ORTIGUEIRA O PRÓXIMO 26 DE FEBREIRO

A Concellería de Servizos informa que foi comunicado por parte da compañía eléctrica UFD Grupo Naturgy un corte de suministro eléctrico programado para o próximo día 26 de febreiro de 2020, de 8.00 a 14.00 horas, que procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo. O obxectivo do corte de suministro é o de poder efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
A IGREXA -FREIRES (ALDEA A IGREXA). LAGARES. NOGUEIRIDO (CARMONA, CASTRO, CRIBEIROS, GALLUPA, GRANXA, GUEIRON, IGLESARIO, NAVALLO, SAA, SISTO, TAIPA). O CAMPO DE BAIXO. O PIÑEIRO -FREIRES (O PIÑEIRO). O SAIDO (CARRASCA, CASTELO, FERREIROAS, PORTOBO). O SEIXO -SENRA (SEIXO). ORTIGUEIRA (SEOANE, SUBSAIDO, TEIXOEIRAS). POL -ORTIGUEIRA (BARRIO POL, COCHERA, LAMEIRA, MIÑAN, REDONDA, TORRE (SENRA)). ROSARIO (FONTELA).
Back to top