Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Biblioteca Municipal “Juan Fernández Latorre” acollerá a presentación do libro “No me rompí del todo”

O mércores, 18 de marzo, a Biblioteca Municipal “Juan Fernández Latorre” será o escenario do acto de presentación do libro “No me rompí del todo”, de María Timiraos Martínez.

A obra está basada nunha historia real sobre depresión silenciosa, relacións que desgastan e reconstrución emocional. Un relato íntimo que aborda a infancia, o bullying, as relación daninas, a maternidade e o proceso de sanar feridas emocionais cando a vida non foi sinxela.

A autora estará a partir das 19:00 horas falando sobre o libro en compañía da concelleira de Cultura, Ana Cartelle.

Back to top