Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Aula CeMIT acollerá “A Xeniña. Deseña o teu xogo de ler mentes con Scratch”

O vindeiro mércores, 11 de marzo, a Aula CeMIT de Ortigueira acollerá a actividade “A Xeniña. Deseña o teu xogo de ler mentes con Scratch”.

O obxectivo é crear un xogo interactivo que combine o fomento das competencias dixitais co traballo en igualdade, promovendo o coñecemento de referentes femininos.

O obradoiro está dirixido para a rapazada de entre 8 e 12 anos e terá lugar en horario de 16:00 a 18:30 horas.

Conta cun límite de 10 prazas, polo que consegue a túa inscribíndote presencialmente na Aula CeMIT, chamando ao 981 40 25 33 ou premendo en https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/53907?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTAAYnJpZBEwN25DZE9nQ3M0OThTSnB2THNydGMGYXBwX2lkEDIyMjAzOTE3ODgyMDA4OTIAAR7f_LnXoizP8iD1DWwpEHyFTNYD4E_lqVIwbWupVLHvnxo9lHFY19TjWzfeaQ_aem_l0ucCr4eSsMSLHzmXhFbgg

Back to top