A Alameda acolle este sábado a ‘Festa da Xuventude’ coa música como prato principal
- Actuarán os grupos Unión y Fuerza e Origen, ademais dun dj
A Alamdeda de Ortigueira acolle este sábado 1 de abril a ‘Festa da Xuventude, na que a música será o prato principal e onde tamén haberá unha gran comida popular.
A xornada dará comezo ás 14 horas, coa tirada de fogos de artificio, e a continuación ás 14:15 horas empezará a sesión vermú, a cargo de Unión y Fuerza.
Ás 15:15 horas comeza a comida popular, cun apetitoso menú que inclúe paella e churrasco.
A partir das 19 horas, un dj amenizará con música, mentres os máis pequenos da casa poderán gozar de inchábeis.
Pola noite celebrarase unha gran verbena cos grupos Unión y Fuerza e Origen, e xa para finalizar a programación volverá amenizar un dj.
Desde o Concello de Ortigueira animan a todos e todas, veciños e visitantes, a gozar da xornada do sábado na Alameda de Ortigueira.