Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRAZO DE EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL PARA AS PRÓXIMAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Ante a convocatoria de eleccións o próximo 5 de abril de 2020, no Concello poderá consultarse do 17 ao 24 de febreiro do 2020 de 9.00 h a 14.00 horas, o censo electoral e a relación de mesas e colexios electorais.

Dentro do prazo indicado, calquera persoa pode formular reclamacións sobre os seus datos censais. As reclamacións poderán presentarse na Delegación Provincial da Oficina do Censo ou no propio Concello.

A consulta do censo electoral deberá levarse a cabo de forma presencial, polo propio interesado/a, acreditándose mediante DNI, pasaporte, ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular. Recoméndase a revisión, especialmente ás persoas votantes por primeira vez e novas altas do censo.

Back to top