Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA APUNTARSE Á INICIATIVA DE CONCILIACIÓN “SEN COLE NO COLE”

A Concellería de Igualdade de Ortigueira ten aberto o prazo de inscrición para as familias que desexen beneficiarse do proxecto “Sen cole no cole”, incluído na programación municipal de conciliación “Conciliortigueira”.

A iniciativa ten por obxecto que as familias poidan conciliar a súa vida laboral e familiar durante as vacacións escolares, de xeito que se prestará atención aos menores no CEIP José María Lage en horario de mañá desde o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, os dous incluídos. Entre as 9.00 e as 14.00 horas almorzarán e desenvolverán diferentes actividades en función das súsa idades, todas cun contido coeducativo e igualitario.

Hai un total de 20 prazas e as persoas interesadas teñen que se dirixir ao Centro de Información á Muller ata o 16 de decembro ou ata que se esgoten.

O programa “Sen cole no cole” é gratuíto e está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Back to top