Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS NENOS E NENAS DE ORTIGUEIRA QUE QUEIRAN PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE ESQUÍ DA DEPUTACIÓN TEÑEN QUE SE INSCRIBIR ATA O 4 DE DECEMBRO

Os nenos e nenas de entre 11 e 15 anos de idade empadroados no Concello de Ortigueira poderán ser beneficiarios un ano máis da campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña, que se desenvolverá na estación de Cabeza de Manzaneda. A mocidade ortegana ten reservadas as datas do 14 ao 17 de febreiro de 2020 e o custo da actividade é de 85 euros, incluíndo transporte, estadía e manutención así como monitores e material de esquí.

O prazo para realizar as inscricións -que se terán que entregar na piscina- remata o 4 de decembro e hai 4 prazas que se decidirán, si hai máis solicitudes, por sorteo. Terán prioridade os nenos e nenas que non participaron en edicións anteriores da actividade.

Back to top