Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REUNIÓN INFORMATIVA COA VECIÑANZA SOBRE AS OBRAS DA DEPURADORA DE ESPASANTE

A concelleira de Atención á Veciñanza de Ortigueira, Belén Bello Castro, convoca unha xuntanza informativa sobre a depuradora de Espasante o vindeiro mércores, 13 de novembro, no centro social do porto da parroquia, ás 19.00 horas. Trátase dun encontro cos veciños e veciñas no que estará tamén persoal da empresa Viaqua, adxudicataria das obras, para resolver calquera dúbida que teñan.

As obras da depuradora comezaron o pasado mes de marzo e o seu obxectivo é poñer fin aos problemas de funcionamento que se arrastraban desde hai anos, conseguido así prestar un bo servizo e mellorar a calidade de vida da ciudadanía e as condicións medioambientais.

Os traballos, cun presuposto de máis de 133.000 euros, afectan ás estacións de bombeo do paseo marítima e da pista polideportiva.

Back to top