A AVARÍA NO REPETIDOR DE RETEGAL DE PENOUSEIRA QUEDARÁ REPARADA ESTA MAÑÁ
O Concello de Ortigueira confirmou hoxe coa empresa Retegal que a avaría que afecta aos veciños e veciñas que reciben o sinal de televisión desde o repetidor de Penouseira quedará reparada esta mesma mañá, despois das xestións feitas para tentar axilizar no posible a solución ao problema.
O goberno municipal púxose en contacto coa empresa cando se recibiron os primeiros avisos do fallo, este luns, dando o único parte desta incidencia que recibiu Retegal.
Segundo a compañía, o problema foi bastante grave e obrigou a desprazar varios equipos ata a zona para amañalo. Aínda así agárdase que hoxe quede definitivamente resolto.